Tuesday 14 de May de 2024

Scape room para xóvenes e nenos, o venres na praza Esther Pita


Este venres 28 de xullo a praza Esther Pita acollerá O circo do silencio, unha sala de fuxida ou scape room para público adolescente e tamén infantil e familiar. As persoas interesadas poderán participar entre as 11.00 e as 21.00 horas en sesións de 30 minutos. Está pensada para catro persoas en cada quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de enigmas para completaren a misión final.

A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lles permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. O grupo terá que interpretar a detectives contratados para investigar o roubo das palabras atopando pistas, resolvendo enigmas, descifrando códigos e xogando coa lingua para recuperalas e devolverllas ao circo.

Esta actividade está organizada no marco do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.